2 de mar. de 2013

Cantas cousas!!

Ola de novo!!
      Desta volta veño con moitas cousas. A ver se non deixo nada atrás. Ben, xa sabedes que temos unha Biblioteca de Medo. E iso é por que os nenos e nenas do cole escolleron "Terror e Misterio" como tema central da Biblioteca para este ano.Tamén os pequenos e pequenas de primeiro teñen a oportunidade de pasar medo!!. Aquí tendes unha mostra e aquí tendes outra...

       Cando os nenos e nenas descubren un libro que lle gusta moito, queren compartilo. Un grupo deles preséntavos o libro "Memorias de una gallina"....




        E no cole non só temos grandes lectores. Tamén temos magníficos escritores e escritoras!!! Mirade que poemiña escribiu Goretti, de 4º B.

La luna de Otoño
las hojas volando
la lluvia cayendo.
El invierno ha llegado. 
A que é precioso, nonsí?. Pois nada, ata a seguinte. Seguiremos contádovos cousas da nosa Biblioteca....