23 de abr. de 2013

DÍA DO LIBRO

 Este ano celebramos o día do libro con un acto pequeniño pero moi bonito. Contamos coa presenza da alcaldesa e algunhas concelleiras que entregaron un lote de libros para a nosa biblioteca. Os nenos e nenas de primeiro, pola súa parte, fixéronlle entrega a Sandra, a alcaldesa, dun libro elaborado por eles, coa axuda do ilustrador Orballo, para a exposición que o Concello organiza con motivo do Día do Libro.







Os nenos e nenas de 1º A queremos facerlle a nosa pequena homenaxe aos libros neste día do libro.